CRTVG

Buscar

Xornadas de portas abertas no Arsenal de Ferrol

Publicado o 28/05/2019 17:28

Os cidadáns poden visitar hoxe e mañá os edificios máis emblemáticos do arsenal de Ferrol, subir a unha fragata ou un buque escola e navegar nun remolcador. Os propios militares guían os grupos que o solicitan e explican desde dentro como funciona esta base da Armada española.

"O obxectivo fundamental é amosar a Armada, como é, quen somos, que facemos e onde estamos. É unha forma de integrar máis a sociedade civil coas forzas armadas, cos militares", di Juan Martínez, suboficial maior do arsenal militar de Ferrol.

Unha das estrelas da visita é a fragata Cristóbal Colón, un buque de guerra integrado na OTAN que participa tanto en misións humanitarias e de mantemento de paz como en operacións de loita contra a piratería e vixilancia marítima no océano Índico.

"Os mísiles, o canón, é un mundo totalmente novo. É un descubrimento".
Gustoume o barco e o canón", comentan os visitantes.

Outra das actividades máis demandadas son os bautismos de mar, paseos pola ría nos remolcadores do Tren Naval e diploma para os participantes. Ademais das xornadas de portas abertas, durante toda a semana haberá exposicións, competicións deportivas, charlas e concertos.


 

Noticias web

28/05/2019