CRTVG

Buscar

Xornadas de portas abertas nas adegas do Ribeiro

Publicado o 22/10/2021 20:18

Dende Segovia chegaron os ocupantes deste viñobús. Todos eles son amantes do mundo do viño e aproveitan as xornadas de portas abertas no Ribeiro para coñecer esta zona vitivinícola, unha das de máis tradición de toda España.

Son moitos os turistas que aproveitan o outono para practicar o enoturismo. Coa vendima xa rematada, os adegueiros dispoñen de máis tempo para atender as visitas e as cores dos viñedos ofrecen unha paisaxe única.

Nas adegas non se fan catas senón que se ofrecen explicacións detalladas sobre a historia, características e segredos dos viños do Ribeiro. "Unha historia tan longa de viñedos na península como é a do Ribeiro merece ser contada e coñecida", asegura  Alberto Úbeda, da Adega Cuñas Davia

Así que, se lles atrae o Ribeiro, esta fin de semana teñen unha ocasión inmellorable grazas aos chamados viñobús e ás xornadas de portas abertas nas adegas.

Noticias web

22/10/2021