CRTVG

Buscar

Xornada sobre a investigación do cancro na Coruña

Publicado o 16/01/2020 21:24

A xornada non pode ser máis necesaria. Tratándose de cancro: investigación, investigación e máis investigación.

E para que haxa investigación... finaciamento, financiamento e máis financiamento. Iso é o que piden os investigadores, e iso é o futuro. Kely e Jennifer deixan Xunqueira de Espadanedo e A Estrada para establecerse na Coruña e en Santiago. O seu futuro é o de todos. Nas xornadas entregáronsellles dúas bolsas predoutorais para investigar sobre o cancro.

Séntense privilexiadas e, conscientes da realidade, tamén reclaman recursos. Uns recursos que son oportunidades.

Este acto da Asociación contra o Cancro quere visibilizar e achegar á cidadanía o traballo que tanto no país como no resto do Estado se fai para acabar co cancro. Veñen demostrarnos que a investigación non dá froitos a curto prazo, pero que cando chegan traen sempre moi boas noticias.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2020