CRTVG

Buscar

Durante as últimas horas non houbo vítimas en Galicia pola covid-19

Publicado o 05/09/2020 14:54
Durante as últimas horas non houbo vítimas en Galicia pola covid-19

 

Xornada sen vítimas, despois de falecer onte catro persoas, tres delas usuarias da residencia do Incio.

Aumenta nas últimas horas o número de pacientes nas unidades de coidados intensivos, onde hai 17 ingresados (5 no CHUAC, 5 en Ourense, ; tamén soben os hospitalizados en planta, 177 neste momento e os que pasan a enfermidade na casa son 3.943, 47 máis ca onte.

En total, hai 4.137 casos activos, con 293 positivos nas últimas horas. Tres dos novos déronse entre os usuarios da residencia DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei, e dous entre profesionais: un na residencia para persoas con diversidade funcional Aspace, na Coruña, e outro na residencia de anciáns de Mos.

Os casos activos aumentan en todas as áreas sanitarias. A da Coruña segue encabezando as cifras, aínda que lidera tamén o número de altas, con 98 curacións nesta xornada. Lugo con 804 e Santiago con 677 casos moderan o ascenso que tiveran nos últimos días.

Pontevedra é a área que máis novos activos sumou desde onte, 29, ata chegar aos 308. Unha cifra similar á de Vigo, que ten 337, con 10 casos novos.

O número de probas realizadas nas últimas 24 horas supera as 4.700.