CRTVG

Buscar

Xornada reivindicativa en Ferrol para esixir unha reindustrialización

Publicado o 14/04/2021 15:05
Xornada reivindicativa en Ferrol para esixir unha reindustrialización

Ferrolterra viviu unha xornada reivindicativa para esixir a reindustrialización da comarca. Comisións Obreiras, UXT e CIG convocaron as mobilizacións, que en Ferrol comezaron cunha concentración ás portas de Navantia e remataron diante da casa do concello.

Os traballadores esíxenlles ás administracións medidas concretas que garantan carga de traballo e emprego no sector naval, unhas demandas que xa se trasladaron na folga convocada hai un mes. Á tarde están previstas dúas marchas que rematarán na praza de Armas.

Noticias web

14/04/2021