CRTVG

Buscar

Xornada festiva en Santiago de Compostela na honra de San Roque, protector contra as epidemias

Publicado o 16/08/2021 15:05

16 de agosto, a medio camiño do mes, o santoral cristián honra a San Roque, unha figura de especial importancia para a historia relixiosa de Santiago de Compostela.

"A xente pensaba que era o apóstolo o patrón de Santiago, pero tamén é o patrón de Santiago é San Roque e Santa Susana porque nos libraron das pandemias", relata unha das vendedoras de docas ás portas da capela de San Roque. 

Patrón non chegou a ser e nunca estivo en Santiago, pero din de San Roque que nos tempos da peste foi peregrino e que asistía as persoas enfermas que encontraba no camiño. Por iso é un santo invocado en tempos de pragas

"Eu a verdade é que tampouco non o sabía, o ano pasado si porque como houbo a pandemia xa se falou máis do tema", asegura outra das vendedoras. "A verdade é que non o coñezo, vin agora a misa porque din que é dos enfermos, non tiña nada que facer e dixen: vou á misa", afirma un veciño de Compostela. 


Máis aló da profesión relixiosa, este festivo de verán trae como consecuencia que en Santiago se produza un certo efecto de baleiro

"Observamos que non ven moita xente camiñando", di un peregrino, o mesmo que constata outras visitantes: "É verdade que se ve un pouquiño máis pechado, baleiro." Tanto onte como hoxe si que está todo máis pechado."

Hai quen ten moi claro que non importa que sexa festivo ou que non o sexa.

"Co problema que temos non está tampouco como para estar por aí, hai que coidarse, penso eu, neste momento", asegura unha veciña. 

O bo tempo e a festividade deixan hoxe a cidade de Santiago algo menos abarrotada. Quen renda culto a San Roque terá claro que é un logro do santo: "É o patrón de Santiago debido a que nos librou da peste, a ver se desta vez tamén nos libra."

Noticias web

16/08/2021