CRTVG

Buscar

Xornada electoral na Arxentina sen incidentes

Publicado o 25/10/2015 20:55

Arxentina está máis preto de coñecer quen será o sucesor de Cristina Fernández como novo presidente do país

32 millóns de arxentinos tiveron a oportunidade de pronunciarse sobre quen queren que dirixa o país a partires do vindeiro 10 de decembro, logo de 12 anos de goberno kirchnerista. 

Os 8 últimos da man de Cristina Fernández, quen, tras depositar o seu voto na cidade patagónica de Rio Gallegos, asegurou que seguirá militando despois de deixar o cargo e mostrou a súa satisfacción polo traballo realizado e iniciado polo seu marido, o falecido Néstor Kirchner. 

Os candidatos que agardan chegar á Casa Rosada avogaron polo espírito deportivo da selección arxentina de rugby, que hoxe competiu por un posto na final do mundial contra Australia, e pediron transparencia para deixar que sexan as urnas as que falen.   

O oficialista Daniel Scioli, favorito segundo os estudos preelectorais, recordou os valores que lle transmitiron os seus ancestros, inmigrantes italianos e galegos, e mostrouse moi optimista de cara ós resultados.  

Por outra banda, o  peronista disidente, Sergio Massa, remarcou a importancia de facer valer a lei nunha xornada como a de hoxe. 

A axustada convocatoria que vive hoxe Arxentina podería facer que, por primeira vez na historia, sexa necesaria unha segunda volta para escoller ó novo presidente da nación.

Con preto de 12 millóns de votantes, a provincia de Bos Aires é o principal distrito electoral do país, e nela están postas as miradas dos aspirantes presidenciais, pois, tradicionalmente, quen gaña nesta provincia, gaña os comicios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/10/2015