CRTVG

Buscar

Xornada electoral marcada por medidas de seguridade e hixiene excepcionais

Publicado o 14/02/2021 21:00

Esta é a imaxe máis salientable da xornada electoral (os membros das mesas enfundados en traxes EPI). A franxa das sete ás oito da tarde era o tramo horario máis complicado.
Estaba reservado para que votasen os positivos en coronavirus, os seus contactos estreitos e as persoas en corentena.
Nese momento había que extremar aínda máis as medidas de seguridade.
Cada un dos membros de todas as mesas electorais contaban nese momento cun traxe de protección individual.
A esa hora os votantes chegaban a contagotas...
Bernat Solé, conselleiro de Acción Exterior:
"Garantir unhas eleccións seguras, e por tanto non podemos baixar a garda, e ata o último momento, ata o final do reconto, temos que extremar todas as medidas"
A xornada estivo marcada por esas medidas de seguridade e hixiene excepcionais. Transcorreu aínda así con normalidade e con pequenas incidencias e demoras.
As ringleiras de votantes concentrábanse á entrada dos colexios electorais, en moitos casos grandes pavillóns, e procurando repectar as franxas habilitadas para os que pertencían a un grupo de risco e os que non.
Ás oito da tarde pechaban todos os colexios electorais, tamén aqueles nos que as mesas quedaran constituídas con atraso, así o decidiu a Xunta Electoral Central...
Comezaba entón o reconto de votos.
 

Noticias web

14/02/2021