CRTVG

Buscar

Xornada divulgativa na Coruña para dar visibilidade a endometriose

Publicado o 30/03/2019 18:56

A endometriose afecta a unha de cada dez mulleres en idade fértil. A dor incapacitante durante as mentruacións é o síntoma máis común entre as afectadas, un sinal que con frecuencia non se ten en conta e que atrasa durante anos o diagnóstico e o tratamento.

Cristina Fernández / Farmacéutica "Hai moita desinformación. Moitas rapazas veñen dicindo que lles doe a regra, pero entenden que é algo normal. Veñen polos antiinflamatorios de todos os meses e case ningunha sabe que é a endometriose".

Para que a endometriose deixe de ser unha descoñecida, a asociación Querendo organizou unha xornada divulgativa. Falouse sobre tratamentos farmacolóxicos e sobre os beneficios da fisioterapia.

Sandra Martínez / Fisioterapeuta "Temos un abano amplo de técnicas manuais e instrumentais, enfocadas a diminuír a inflamación, a dor e as adherencias que se forman con esta enfermidade."

Unha concentración no Obelisco puxo fin a unha xornada que tamén foi reivindicativa. Iria Villar / Presidenta da asociación QuerENDO "Que haxa medios suficientes na sanidade pública, que haxa consultas especializadas en todos os hospitais, que haxa equipos multidisciplinares para os casos máis importantes."

Tamén demandan tratamentos de fertilidade específicos para as mulleres con endometriose.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/03/2019