CRTVG

Buscar

Xornada de vacinación con segundas doses a persoas de 30 a 39 anos

Publicado o 07/08/2021 20:43

Entrementres, segue a citación por sms dos galegos nacidos en 1.999 ou antes, a administración de segundas doses ó colectivo de entre 30 e 39 anos e a vacinación a persoas que contaban xa con autocita. En Expocoruña, xornada de vacinación con segundas doses de Pfizer a persoas de 30 a 39 anos. Día tamén de repesca para aqueles que non acudiran no seu momento e de autocitación da xente nova. En total estaban convocadas algo máis de 4.800 persoas na Coruña e unhas 226 en Cee.

En Ourense día tamén de segundas doses de Pfizer. Estaban convocadas unhas 1.500 persoas. Simultaneamente vacinaron no hospital do Barco de Valdeorras e no de Verín, a unhas 300 persoas en cada un.
En Expourense acudían este sábado maioritariamente persoas de 30 a 39 anos, entre elas algunhas mulleres embarazadas.

Na área sanitaria de Santiago estaban citadas hoxe, entre o Gaiás e o hospital da Barbanza, unhas 4.000 persoas de 30 a 39 anos para recibir a segunda dose de Pfizer ou a de Moderna.
Na área de Pontevedra había algo máis de 2.600 convocados, tamén para recibir a segunda dose ou persoas con autocitación.
No Instituto feiral de Vigo había este sábado uns 3.600 convocados.

Noticias web

07/08/2021