CRTVG

Buscar

Xornada de tempo variable en toda Galicia

Publicado o 27/08/2019 13:35

Xornada de tempo variable en toda Galicia con néboas matinais e apertura de claros pola tarde. A previsión é que a partir do vindeiro xoves comecemos a sentir a forza do anticiclón.

Mentres que as temperaturas mínimas se estabilizan entre os 17 e os 19 graos, o arco das máximas experimenta grandes cambios duns lugares a outros do país. Así que en Ourense poderán chegar aos 31 graos e a 28 en Pontevedra, na Coruña e en Ferrol non subirán dos 22 ou dos 23. Nas Rías Baixas, o día amenceu con nubes baixas e orballo.

Co paso das horas, os máis optimistas viron cumpridos os seus presaxios. A apertura de claros deixou paso a unha tarde agradable no interior e tamén na costa.

Esta situación de tempo variable vaise manter ata a xornada do xoves, para cando a predición anuncia que en toda Galicia sentiremos o anticiclón con toda a súa forza. As temperaturas manteranse sen cambios, iso si, as noites serán máis fresquiñas.

Noticias web

27/08/2019