CRTVG

Buscar

Xornada de tempo inestable, con ceos nebulosos e precipitacións na costa

Publicado o 11/08/2019 15:06

O día amenceu nebuloso e con temperaturas frescas. Un domingo de agosto que na Coruña non sorprende a ninguén. "É un verán típico da Coruña. Unhas veces chove máis e outras menos, pero xa estamos afeitos. E a verdade é que a temperatura é deliciosa." "Para min está ben, pero para a xente que vén á praia, as expectativas non se cumpren, loxicamente."

Na Coruña agárdanse máximas de vinte e un graos. Na costa de Pontevedra os termómetros non subirán moito máis. É unha xornada de inestabilidade meteorolóxica, con chuvia, ceos anubrados e algúns claros que os máis optimistas agardan na praia. "Vimos á praia igual, aínda que chova. A praia de aí non escapa." "Temos o mellor clima de España. Aquí podemos durmir. Nos outros sitios non dorme ninguén, así que que lle imos pedir." "En outubro e novembro vai vir bo tempo. Sempre vén. Aquí é así."

O tempo mellorará a semana que vén, sobre todo nas Rías Baixas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/08/2019