CRTVG

Buscar

Xornada de temperaturas extremas entre o día e a noite

Publicado o 15/03/2019 16:33

Esta estación meteorolóxica situada na parte fonda de Calvos de Randín rexistrou 9,2 graos baixo cero. É a temperatura máis baixa das últimas horas en Galicia, o que dá idea do intenso frío que pasaron nesta zona do sur de Ourense.

Ás portas da primavera, cómpre aínda ter á man a leña para pasar as noites. De día, o termómetro sobe ata valores próximos aos vinte graos. A oscilación térmica é tan importante que as flores das froiteiras coexisten coas fumeiras das chemineas.

O inverno resístese a desaparecer e o bo tempo déixase notar ao mediodía, segundo os meteorólogos non é nada estraño nesta época de contrastes.

Noticias web

15/03/2019