CRTVG

Buscar

Xornada de sol e calor en toda Galicia

Publicado o 30/05/2019 17:19

Xornada de sol e calor en toda Galicia!

Día espectacular en Vigo. Ideal para se achegar á praia quen teña ocasión, porque entramos nas semanas con máis horas de sol de todo ano e porque, ademais, a estas alturas aínda non hai as aglomeracións que agardamos nos areais para os próximos meses. Con todo, as temperaturas máximas en Galicia, tanto hoxe como mañá, vanse rexistrar nas zonas de interior.

Trinta e dous graos agardamos hoxe aquí en Salvaterra de Miño e polo menos dous máis mañá venres. Ata 34, o que motivará que se active a partir das tres da tarde un aviso amarelo por altas temperaturas. Hoxe en Ourense van aínda máis aló: chegarán aos 35, que mañá tamén se van superar na beira do Miño ao seu paso por esa provincia. Calor de verán para despedir maio en toda Galicia. Ou mellor dito, en case toda, porque a Mariña, como tantas outras veces, vai por libre.

A influencia das altas presións tamén se deixa notar na Mariña de Lugo, aínda que aquí, coma sempre, as temperaturas son algo máis frescas. Mentres na maior parte de Galicia acadan e mesmo supera os 30 graos de temperatura, en puntos coma este de Foz prevese que hoxe as máximas rocen os 22. Con todo, aquí tamén parece verán. O día está solleiro, o ceo despexado e moitos aproveiaron para baixar ata a praia. Os que viven aquí ou escollen esta zona para pasar o verán sinalan que buscan precisamente isto, bo tempo, pero sen calor abafante".



 

Noticias web

30/05/2019