Xornada de seguridade viaria en Sanxenxo
Publicado o 09/05/2019 15:02
Así, co cinto ben posto, evítanse moitas mortes e diso se trata nesta xornada de educación viaria que se realiza no colexio A Florida de Sanxenxo, un concello de referencia en España canto a boas prácticas.
Baixo o título 'A educación viaria é cousa de todos', a campaña deste ano céntrase na seguridade nas zonas escolares, onde se ven moitos comportamentos inadecuados por parte dos adultos.
Desde os de 3 anos aos de 12, todos os nenos do cole van pasando polos talleres preparados pola Policía Local, os bombeiros ou os servizos de urxencia. Ou como di Noa: "Espirasón".