CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Xornada de reflexión na Arxentina

Publicado o 21/11/2015 14:52
A Arxentina afronta hoxe unha xornada de reflexión previa aos comicios presidenciais que vivirá este domingo o país para escoller, nunha segunda volta inédita, o sucesor de Cristina Fernández de Kirchner como dirixente da Casa Rosada.

Os dous candidatos, o oficialista Daniel Scioli e o opositor Mauricio Macri clausuraron a campaña promulgando un cambio para a Arxentina do século XXI.









A coalición Cambiemos de Mauricio Macri e a Fronte para a Vitoria de Daniel Scioli esgotaron ata os últimos minutos da campaña para convidar á cidadanía a acompañalos no cambio que precisa a Arxentina do futuro.

Scioli reiterou a súa intención levar ó páis pola senda do desenvolvemento, continuando cos éxitos do kirchnerismo e mudando o que haxa que mudar, sempre cun discurso combativo contra Macri.

Daniel Scioli - Candidato presidencial pola Fronte para a Vitoria
"Una opción liberal, la expresión de ese demonio del capitalismo salvaje expresado por el candidato de esta alianza reconvertida, Macri. Y nosotros, desde este proyecto nacional que toma las bases fundacionales del peronismo y los tiene con nuevos tiempos".

O opositor pechou a campaña rodeado de cativos e proclamándose como a esperanza da Arxentina.

Mauricio Macri - Candidato presidencial por Cambiemos
"Se puede vivir en una Argentina con pobreza cero, en donde todos podamos aspirar a partir de un crédito a tener vivienda propia, a estar orgullosos de la calidad de la educación pública que reciben nuestros hijos, que le asegura un buen trabajo en el siglo XXI"

O domingo, 32 millóns de arxentinos están chamados ás urnas.

Co peche da campaña están todas as cartas sobre a mesa. É a quenda da cidadanía de escoller entre dous candidatos con perfil similar e dous modelos políticos antagónicos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí