CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Xornada de reflexión en Arxentina

Publicado o 24/10/2015 14:47






E mentres en España xa está iniciada a precampaña, na Arxentina viven hoxe unha xornada de reflexión previa aos comicios presidenciais que afrontará este domingo o país latinoamericano. Unhas eleccións moi axustadas e coas portas abertas a unha segunda volta entre os candidatos máis votados.

Os principais candidatos con posibilidades de presidir a Casa Rosada a partir do vindeiro 10 de decembro, o oficialista Daniel Scioli, o conservador Mauricio Macri e o líder do peronismo disidente, Sergio Massa, esgotaron ata o último minuto da campaña para tentar convencer os máis de 32 millóns de arxentinos con dereito a voto de que son a mellor opción para guiar o país.

Scioli parte con vantaxe. É o favorito nas enquisas e deberá lograr o 40% dos sufraxios e unha distancia de 10 puntos co segundo para converterse en presidente.

Daniel Scioli - Candidato Fronte para a Vitoria:
"Humildemente veño a ofrecerlle ao pobo arxentino toda a responsabilidade, previsibilidade, confianza e tranquilidade. Vaian o próximo domingo buscar o verdadeiro voto útil en favor da Arxentina".

Macri e Massa loitarán por unha "balotaxe", unha segunda volta, que, a priori, podería beneficialos.

Mauricio Macri - Candidato Fronte Cambiemos:
"Que é hoxe, que é acá e que este cambio vén dar, este cambio vén coidar, este cambio vén crear oportunidades".

Sergio Massa - Candidato Unidos por unha Nova Arxentina:
"E se nos poñen na "balotaxe" teñan a seguidade de que lle damos volta a una páxina da historia e termínase o kirchnerismo".

Agora, coa veda electoral e con todas as balas esgotadas, os analistas políticos arxentinos aseguran que o país non vivía un escenario con tanta incerteza dende o retorno da democracia, en 1983.

A sombra das denuncias por fraude e irregularidades nos últimos comicios da Arxentina fan que tanto as autoridades electorais coma os partidos políticos, especialmente os da oposición, poñan todos os seus esforzos en evitar calquera feito que poida enturbar o proceso electoral e complicar así o ascenso do sucesor de Cristina Fernández de Kirchner.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí