CRTVG

Buscar

Xornada de praia, a pesar da néboa, nas Rías Baixas e na costa coruñesa

Publicado o 14/08/2021 21:11

Algo máis frescos estiveron nas zonas costeiras tanto do sur coma do norte da nosa comunidade onde a pesar de que todo facía prever que teríamos un día de praia dos mellores do verán, hoxe a néboa foi a protagonista, principalmente pola mañá. Moitos non quixeron perder, aínda así, de gozar dos areais.

A xornada comezaba así nas Rías Baixas, algo máis fresca do previsto pola néboa, que non impedía que moitos quixeran gozar dos areais.A medida que pasaban as horas o día foi abrindo e chegábase a temperaturas máximas duns 28 graos, unhas temperaturas que nada teñen que ver coa vaga de calor que abrasa o sur e centro da península. Moitos turistas, agradecían o respiro.

Así chegamos ao ecuador de agosto con bos datos en canto á ocupación hoteleira, que son sensiblemente mellores este verán cós do ano anterior.
Xa no norte, na Coruña, tamén houbo algo de néboa durante a mañá, que foi abrindo a medida que avanzaba a xornada. Houbo unha temperatura máxima na cidade dun 23 graos.

En Carnota tamén algo de néboa e vento, a temperatura máxima nesta xornada chegou aos 26 graos. E estas imaxes dan boa conta de que aquí moitos tampouco quixeron deixar de gozar dun día de praia.

Noticias web

14/08/2021