Xornada de portas abertas nun buque escola polaco no porto de Vigo
Este domingo tiveron en Vigo a oportunidade para visitar o buque escola polaco Agasallo de mocidade que leva toda a fin de semana atracado no seu porto. A bordo deste veleiro que deu a volta ao mundo viaxan 140 estudantes belgas que cursan titulacións naúticas.
A súa silueta chama e moito a atención no porto vigués, por iso as visitas a este veleiro de 108 metros de eslora estiveron moi concorridas esta fin de semana.
O buque escola polaco, que en galego se chama Agasallo de mocidade, foi construído en 1982. Da súa posta a punto tamén se ocupan os 140 alumnos belgas que cursan titulacións náuticas e que seguen os seus estudos a bordo. Dálles moito traballiño, aseguran, tanto como orgullosos están de coidaren dunha embarcación con historia.
Vigo é a única escala desta viaxe de estudos que dura un mes e en que, ademais de recibir aulas, entre todos comparten todas as tarefas da navegación. Para os estudantes é unha experiencia única.
O peirao vigués agarda aínda outras dúas visitas de buques escola no que queda de mes: un navío da marina sueca e goleta vasca Atyla.