CRTVG

Buscar

Xornada de portas abertas no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas

Publicado o 09/03/2020 15:11

O Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas recibiu a visita de 200 escolares de todo o país. Na xornada de portas abertas do Polo Aeroespacial de Galicia, a comunidade educativa puido así coñecer un programa de actividades de fomento das vocacións científicas e tecnolóxicas.

"Paréceme que trata temas de futuro. Realmente vexo futuro nos drons".

Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria: "Vinculado ao polo aeronáutico de Galicia, temos oportunidades de futuro para o seu desenvolvemento profesional. Realmente é unha iniciativa importante para Galicia, que está permitindo que o sector aeronáutico fale galego".

No marco desta xornada, emitiuse en directo a décima edición do programa educativo de divulgación científica Science Truck, que contou coa participación por videoconferencia do ministro de Ciencia e Innovación.

Noticias web

09/03/2020