CRTVG

Buscar

Xornada de portas abertas nas escolas infantís para que os máis pequenos coñezan a súa escola

Publicado o 04/09/2019 17:56

O curso escolar das escolas infantís comeza o vindeiro luns pero hoxe asistimos a unha xornada de portas abertas. Os máis pequenos puideron así coñecer a que será a súa escola e as súas profes. Quedan por diante uns días de adaptación. 

Esta mañá aos cativos tocáballes explorar a escola á que van acudir nos próximos meses. É un sitio novo para uns e un lugar xa familiar para outros que se movían como na súa propia casa. Os pequenos vivíano coa curiosidade que lles é propia e entre os pais con nerviosismo e ilusión a partes iguais.

As xornadas de portas abertas organizáronse nas escolas infantís autonómicas de toda Galicia. Mais esta de Bertamiráns foi a elixida pola Consellería de Política Social para dar por inaugurado o curso para os máis pequenos.

Estes días os pequenos acudirán á escola no que se coñece como período de adaptación, non obstante o curso comezará oficialmente o próximo luns. Farano 8.000 nenos nos centros dependentes da Xunta que en total financia 25.000 prazas en escolas infantís.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/09/2019