CRTVG

Buscar

Xornada de portas abertas na Escola Naval Militar de Marín

Publicado o 01/06/2019 21:07

Coincidindo co Día das Forzas Armadas, a Escola Naval Militar de Marín abriu esta tarde as súas portas para a cidadanía. Deste xeito, puideron ver diferentes instalacións e mesmo subir a bordo dunha lancha de distribución.


A Escola Naval Militar de Marín ten unha superficie de 241.000 metros cadrados e nesta xornada de portas abertas todo aquel que quixo puido entrar nela. Pasean polas súas instalacións e o primeiro que ven é o patio Álvaro de Bazán.

Neste Día das Forzas Armadas, queren achegarse á cidadanía para que os pidan coñecer. Algúns fixeron alí a mili hai anos e outros entraban por primeira vez. Viron lugares emblemáticos da Escola como o pau de sinais e mesmo puideron subir a bordo dunha lancha de distribución.

E para pechar a xornada, a banda da Escola ofreceu un concerto.

 

Noticias web

01/06/2019