CRTVG

Buscar

Xornada de portas abertas na Aula de Produtos Lácteos co gallo do Día do Leite

Publicado o 01/06/2018 21:16

Co gallo da celebración do Día Mundial do Leite, a Aula de Produtos Lácteos do Campus de Lugo organizou unha xornada de portas abertas en que participaron centos de persoas. Os asistentes puideron degustar dende os iogures máis innovadores ata os mellores queixos artesáns que se elaboran a día de hoxe en Galicia.

Xornada de portas abertas na Aula de Produtos Lácteos do Campus de Lugo con motivo do Día do Leite. Os asistentes visitaron as instalacións e posteriormente puideron degustar derivados lácteos. Os maiores participaron nunha cata cunha ducia de queixos artesáns, mentres que os máis pequenos probaron as últimas novidades en canto a iogures. 

Aos actos organizados pola Aula de Produtos Lácteos foron convidados algúns dos artesáns que están a revolucionar o mundo do queixo no noso país. 

Nos últimos anos, o consumo de leite reduciuse case un 30 por cento no ámbito estatal, unha tendencia que o sector se propón invertir coa creación de novos e mellores produtos que sexan aptos para todos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/06/2018