CRTVG

Buscar

Xornada de moito frío en toda Galicia, Calvos de Randín chegou aos -6 graos

Publicado o 27/12/2019 13:58

Moito frío hoxe en toda Galicia, a comunidade amenceu cuberta dun manto branco. Houbo xeadas en moitos puntos.

Despois de tanta choiva a xente encantada co frio. A mínima rexistrouse na localidade de Calvos de Randín, 6 graos baixo cero. Os termómetros en Sarria, na provincia de Lugo, marcaron 5 graos negativos. E tamén temperaturas baixo cero no litoral. Localidades como Zas e Cotobade marcaban esta mañá dous graos baixo cero.

A medida que pasen as horas as temperaturas vólvense máis agradables. Lucirá o sol en toda Galicia, no interior chegarán aos 15 graos e no litoral poden chegar a pasar dos 20.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/12/2019