CRTVG

Buscar

Xornada de mobilizacións na estación de Sants

Publicado o 16/11/2019 14:20

A policía blindou esta mañá a estación barcelonesa de Sants, e fixo que os denominados Comités de Defensa da República fracasaran no seu intento de bloquear o tráfico ferroviario na capital catalá.  Na campaña de disturbios iniciada a raíz da sentenza do "procés", o lema dos CDR era hoxe "bloqueo total", e con ese propósito se achegaron ao vestíbulo do AVE algunhas decenas de activistas.

Os Mossos d'Esquadra desaloxáronos e todos os trens puideron circular con normalidade, aínda que os concentrados trasladaron daquela a súa protesta ao exterior da estación. Previamente, os Mossos detiveron unha persoa e identificaron outras 117 na acampada diante da Universidade.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/11/2019