CRTVG

Buscar

Xornada de estabilidade cunha lixeira baixada en casos activos e novos positivos

Publicado o 30/04/2021 10:15

• Soben os casos activos en Ourense (+7) e Lugo (+17)

• Hai tres persoas máis ingresadas por covid-19 ca onte

Xornada de estabilidade cunha lixeira baixada en casos activos e novos positivos

Mantense certa estabilidade nos casos cunha pequena baixada. Segundos os datos de Sanidade, hai 3.113 persoas diagnosticadas de covid-19, 9 menos ca onte, logo de 211 novos positivos, dos cales 194 foron detectados a través de probas PCR.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos quedaría así:

A Coruña: 744 (+1)

Vigo: 933 (-1)

Ourense: 271 (+7)

Santiago: 358 (=)

Lugo: 236 (+17)

Pontevedra: 474 (-25)

Ferrol: 97 (-8)

Estabilidade nos hospitais

No que respecta á situación nos hospitais galegos, a presión asistencial é semellante á de onte. Hai en total 213 persoas ingresadas: 165 en planta (+1) e 49 nas UCI (+2)

Dous falecementos fan elevar o número de vítimas no país por mor do coronavirus. Do que vai de pandemia morreron da doenza 2.388 persoas.

Positividade inferior ao 2,50 %

Mantéñense os números dos últimos meses no que á taxa de positividade se refire. Das 8.583 probas PCR realizadas onte (-716) deron positivo 194, o que suón unha taxa de positividade do 2,26 %, case a mesma ca onte. 

Mapas de incidencia por concellos