CRTVG

Buscar

Xornada de escasa actividade nas prazas de abastos, tras as festas

Publicado o 02/01/2019 14:26

Nas prazas de abastos hoxe é unha xornada de pouca actividade. Primeiro día laborable do ano e pouca xente e escasas vendas vendas e produtos. Iso si, os prezos do marisco e do peixe baixan esta semana despois das alzas en Nadal e Noitevella.

O primeiro día laborable do ano déixanos imaxes coma esta. As prazas de abastos sen apenas actividade. Despois do exceso culinario destes últimos días, semella que queremos un pequeno descanso. Hoxe, no mercado de Pontevedra, nin marisco nin peixe. Hai que agardar a maña para volver á normalidade.

Os prezos subiron en Nadal, pero a partir de agora recuperan os valores anteriores a estas datas. No que apenas non se vai notar o aumento ou descenso dos prezos é na carne. Apenas subiron 1 euro por quilo as máis típicas das festas de Nadal, como o cordeiro ou o leitón.

Así que aproveiten hoxe para rematar con todo o que sobrou destes días e mañá xa toca de novo visitar as prazas e mercados.

Noticias web

02/01/2019