CRTVG

Buscar

Xornada de devolucións: os Reis non atinaron nalgúns agasallos

Publicado o 07/01/2019 15:08

É unha das estampas máis tradicionais do 7 de xaneiro. Caixas ateigadas de clientes cos tíckets daqueles agasallos que ou non gustaron ou non deron o talle.

E é que as máxicas maxestades ás veces non len a letra pequena das cartas e, claro, toca facer cambios. Moitos atopan o produto rebaixado e ata poden aproveitar a diferenza de prezo. Pero, ollo, os comercios non teñen a obriga de devolver, e os prazos e as condicións dos cambios poden variar moito dunha tenda a outra.

No caso das compras por Internet a cousa cambia, a lei contempla o dereito de desestimento, 14 días para recuperar os cartos sen máis explicacións.

Os que igual si teñan máis que explicar son os que revenden seus regalos de Nadal en Internet. Unha práctica cada vez máis habitual, sobre todo cos artigos tecnolóxicos.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2019