Xornada de despedidas no Parrulo, que acaba o periplo pola LNFS
Publicado o 30/05/2021 20:40
Na Malata, foi tarde de despedidas. Co Parrulo descendido dende hai xornadas, houbo homenaxe a Adri e tamén a Miguel e Diego Núñez. Os dous xogadores que máis tempo levaban no conxunto ferrolán confirmaron que marchan. E sobre a pista, empate a un gol ante o Valdepeñas.
A afección na Malata despediu o seu equipo cunha grande ovación. Rematan así catro temporadas consecutivas na primeira división.