Xornada de convivencia e xogos entre os nenos e os maiores ourensáns
Publicado o 11/04/2019 18:53
Celébrase en Ourense a edición número 16 das xornadas interxeracionais. Unha oportunidade para que pequenos e maiores convivan e xoguen xuntos durante un día para que aprendan uns doutros. Orixinais xogos centran este día de convivencia entre distintas xeracións.
Os maiores aprenden os bailes de moda e os pequenos e pequenas os xogos de antano. Unhas xornadas interxeracionais que se completan cun pícnic e cunha tarde no campus con xogos populares, cunha merenda multitudinaria e un concerto.