CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Xornada de concienciación coa seguridade viaria nun centro escolar de Sanxenxo

Publicado o 04/05/2018 14:30

Ás veces non hai como ver de primeira man a realidade, para comprendela de vez. Para previr accidentes de tráfico, non hai como ter diante as consecuencias das imprudencias. Hoxe estivemos no colexio Vilalonga de Sanxenxo, nesta xornada de concienciación.

As emocións na educación viaria, evitar os comportamentos incívicos, a agresividade. No colexio Vilalonga de Sanxenxo están mentalizándose.

Canto antes vexan a realidade, mellor. Vítimas de accidentes, expertos, educadores, pilotos e a figura do PoliPaco, para concienciar os menores.

Estudantes do ciclo de Mecánica escoitan experiencias vitais, traumáticas, contadas en primeira persoa.

A educación viaria, un asunto de todos para saber controlar as emocións ao volante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí