CRTVG

Buscar

Xornada de calor nas Rías Baixas e no interior de Galicia; máis fresca no litoral da Coruña

Publicado o 16/08/2021 15:54

Esta será outra xornada máis de calor e bo tempo no interior de Galicia e aínda que baixaron os mercurios e se desactivaron os avisos por altas temperaturas en puntos coma este de Monforte chegarán hoxe ata os 28 graos. As temperaturas serán aínda máis alta na Baixada do Miño e por exemplo en Ourense agárdase hoxe que os mercurios cheguen ata os 32 graos, dez graos máis que noutros puntos de Galicia como é o caso da Coruña.

Na zona norte da provincia da Coruña non pasaremos hoxe dos 22 graos. O vento do norte é o culpable de toda esta nubosidade que se prevé que vai abrindo cara á tarde e que permita aproveitar unhas horas de praia. Repetimos practicamente o mesmo patrón da xornada desta fin de semana. Ceos máis abertos polas tardes, pero con vento e temperaturas máis ben frescas para esta época do ano.


Dia solleiro en Vigo e ademais xornada festiva. Na axenda de case todos, achegarse aos areaisVigo é un espello da xornada que se vive hoxe en todas as Rías Baixas con temperaturas altas e areais ateigados dende primeira hora da mañá. E é que o sol leva recibindo aos visitantes dende hai moitos días no sur de Pontevedra

Temperaturas de verán das que gozan os que non poden marchar e os que nos visitan

De momento os paseos ao carón do mar, os baños ou tomar o sol poderán seguir nas nosas axendas de lecer porque esta calor nos próximos días queda nas Rías Baixas

Noticias web

16/08/2021