CRTVG

Buscar

Xoias de Portugal, unha capela que depende da marea na praia de Senhor da Pedra

Publicado o 11/06/2019 16:52

Coa chegada do mes de xuño xa hai quen goza dos primeiros días de vacacións. Portugal adoita ser un dos principais destinos e os galegos coñecemos ben o país veciño.

Hoxe dámoslles unha idea para renovar esa visita ao Porto tan recorrente para moitos galegos. A só 15 minutos do centro da cidade está esta capela única. O Senhor da Pedra foi construída en 1686 aquí na freguesía de Gulpilhares, en Vila Nova de Gaia. Erixida sobre unha rocha non sempre é posible accededer a ela porque cando a marea sobe a capela transfórmase nunha illa.

É un dos tesouros mellor gardados dos gaienses e os turistas que a descobren acaban valorándoa como un dos puntos máis fermosos do norte de Portugal. Pódese visitar o seu interior pero todos quedan marabillados cos seus azulexos exteriores e as vistas que proporciona do mar Atlántico e a costa da cidade do Porto.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019