CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Xogos de rol no Pico Sacro dentro do " Proxecto Dragal"

Publicado o 20/06/2014 20:54
Hoxe rapaces de 5 institutos galegos pasaron o día participando en xogos de rol no Pico Sacro.
Este monte mitóloxico é o escenario de "Dragal", a triloxía fantástica coa que a escritora galega Elena Gallego triunfa entre os lectores máis novos.
Arredor desta obra naceu o "proxecto Dragal".
Son rapaces de 5 institutos galegos que participaron no primiero encontro de Fraternidade do Dragal.
Xogos de rol no Pico Sacro, arredor de " Dragal" , a trixoloxía fantástica escrita pola galega Elena Gallego para o público xuvenil.
"Dragal é a historia do último dragón galego, que podemos situar neste Pico Sacro". "No Pico Sacro estivo a primeira tumba do apóstolo, para soterralo aquí o apóstolo houbo que matar un dragón. Que aconteceu con el, onde está o tempo de Dragal?
" e dun rapaz con soldados da orde do século XV....
A actividade desta tarde forma parte dun proxecto máis amplo, o proxecto Dragal...
. "Dragal é un proxecto de longo percorrido que queremos abordar dende unha filosofía multiventá e transmedia. Esta é primeira triloxía, o Harry Poter galego e a partir de aí imos abordar diferentes proxectos. Un é o educativo.... "
Ademais de fomentar a lectura en galego o proxecto pretende que os máis novos se acheguen dun xeito atractivo á historia, ao patrimonio ou á mitoloxía galegas.
" Que mellor que unha lenda fantástica para que se acerquen ao patrimonio, ao romanico, ás nosas bases, ao Camiño de Santiago e á base antropolóxica galega ".
Ademais da parte educativa o proxecto Dragal inclúe outras actividades culturais e turisticas destinadas a todo tipo de público.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

20/06/2014