CRTVG

Buscar

Xogo de Tronos inspira a procesión de Xan de Arzúa, en Allariz

Publicado o 16/06/2019 16:55


Xan Neve de Arzúa ao lombo do boi cornudo.... Avanza polas sete parroquias de Xogo de Cornos, escoltado polo dragón. Nunha nova volta de guión, a tradicional procesión da Festa do Boi emula este ano a popular saga televisiva.


 "Imos ver se este texto rompedor, esta aposta arriscada, lle gusta ao público e se ten boa aceptación", explica o director da representación, Martín Quintana.

A orixe da festa remóntase ao ano 1317, cando a convivencia habitualmente pacífica entre xudeus e cristiáns, se crispaba durante a procesión do Corpus, ata que Xan de Arzúa acabou coas mofas.

 "O caso é facer un divertimento, explicarlle á xente a orixe da festa, que non foi sacada dunha chisteira, e sobre todo pasalo ben e non mancarse", di o guionista da obra, Abraham Herrero Menor.

Na posta en escea participan este ano algo máis de setecentas persoas. Moitas horas de ensaios e preparación que culminan hoxe cunha representación que os veciños agardan con impaciencia.

A festa continúa en Allariz durante toda a semana coas carreiras do boi.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/06/2019