CRTVG

Buscar

Xogarase o Rácing - Unionistas e suspéndense os partidos do Pontevedra e o Compostela

Publicado o 10/01/2021 00:06


No grupo galego da Segunda B, a federación decidiu aprazar os partidos que implicaban equipos salmantinos. Así que quedou adiado o Salamanca-Compostela. Tamén o Rácing-Unionistas que lles iamos ofrecer na G2, aínda que os ferroláns informaron de que non teñen coñecemento desa decisión. E suspendeuse tamén o Pontevedra-Guijuelo, previsto na nosa web. O que si se vai xogar é o Zamora-Deportivo, xa que consideran que as condicións da viaxe a Zamora son mellores. E, por suposto, segue adiante a disputa do Celta B-Coruxo, que lles ofreceremos mañá ao mediodía na G2.

Noticias web

10/01/2021