CRTVG

Buscar

Xoel López e a Orquestra Sinfónica de Galicia, xuntos en concerto na Coruña

Publicado o 25/09/2020 20:03


A proposta dun concerto coa Orquestra Sinfónica de Galicia chégalle a Xoel López en plena pandemia. Ilusión contida nun principio, xa no palco e en plenos ensaios, toca sorrir tanto ou máis.

O pop e o clásico mestúranse desde o respecto das cancións que levan quince anos acompañando o artista, desde a emoción e desde a mestría dos músicos que aquí se xuntan.

Sucederá na Coruña, entre estritas medidas de seguridade e restrasmitido tamén en streaming. Será no Coliseum, un lugar mítico para Xoel López e onde se estrea ao grande. Confésanos, dobre soño cumprido.








 

Noticias web

25/09/2020