CRTVG

Buscar

Éxodo de madrileños e controis policiais polas restricións de mobilidade

Publicado o 03/10/2020 09:48

Esta era a imaxe nas principais saídas de Madrid a primeiras horas deste sábado. Os concellos do rural desa comunidade e das provincias limítrofes confirman a chegada masiva de familias que teñen segundas residencias.

A fuxida para eludir as limitacións en Madrid tamén se notou no incremento de pasaxeiros procedentes da capital de España, que chegaban ás estacións de ferrocarril de Andalucía e da Comunidade Valenciana.

 

 

 

Noticias web

03/10/2020