Xoán-Xil López e Mauro Sanín recuperan o son dos abellóns en ritos de todo o mundo
Publicado o 26/02/2020 17:59
Abellón. O libro negro das zoadeiras céntrase na importancia cultural e simbólica do zunido das abellas. O volume focaliza na historia, a antropoloxía e a musicoloxía. As zoadeiras aparecen tanto en momentos rituais asociados á morte coma en momento lúdicos. O libro inclúe unha guía de artesanía para a montaxe de zoadeiras e enredos musicais.