CRTVG

Buscar

Xoán Hermida: "O conflito de Paula Quinteiro pon enriba da mesa un debate ético"

Publicado o 02/05/2018 10:12

Xoán Hermida, de En Marea Pontevedra, acudiu ao plató do Bos Días despois da súa recente renuncia a ocupar o escano de Juan Merlo, o ex-deputado e número dous de Podemos Galicia que dimitiu tras esaxerar no seu currículo.

"Anunciei desde o primeiro momento que non ía recoller esa acta de deputado fundamentalmente por temas profesionais. A miña actividade profesional non me permite dedicarlle o tempo que precisa este labor".

"Todo isto xurdiu da polémica froito do conflito da noite de actos onde estivo involucrada unha compañeira do Parlamento galego -Paula Quinteiro- e de aí eu dixen que mantiña a acta provisionalmente como forma de abrir o debate ético que creo que é necesario desde a nosa formación e porque se estaba iniciando un debate en En Marea por parte de algúns deputados e deputadas que cuestionaban a lexitimidade dos órganos de dirección".

"O de Paula Quinteiro é a punta do iceberg. Creo que En Marea é un proceso en construción e polo tanto precisa maduración. Creo que temos un proxecto de futuro para este país, aspiramos a unha franxa de poboación transversal e a un liderado que xere confianza na cidadanía. Seguro que temos futuro, pero estamos na adoslescencia dun proxecto e a adolescencia sempre é dura".

"Todos os que nos presentamos ás eleccións asumimos un código ético, pero tamén asumimos un programa e unhas regras de xogo. Era asumir que había un partido instrumental nacional con adscrición individual".

"Este conflito volve poñer enriba da mesa esa falta de respecto duns deputados e deputadas aos acordos que eles mesmos acataran cando entraron a deputados. Polo tanto, eu creo que fixo ben a coordinadora nacional de En Marea, fixo ben Luís Villares de pedir primeiramente por ética a dimisión voluntaria desta deputada, e fixo ben en elevar a consulta aos inscritos e inscritas para que sexamos a xente do común os que decidamos sobre a posición de Paula Quinteiro".

Noticias web

02/05/2018