CRTVG

Buscar

Celebrouse a XIX Mostra do aceite de Quiroga, un aceite de gran calidade

Publicado o 12/05/2019 22:46

Celébrase hoxe a mostra do aceite de Quiroga. Van xa na décimo novena edición. É unha forma de enxalzar a produción dunha das pouquísimas zonas de Galicia onde se mantivo o cultivo das oliveiras e a elaboración tradicional dun aceite virxe extra. 

Afala o burro cunha vara e o animal move a moa do muíño, o único que se conserva do tradicional en Quiroga, onde hoxe celebran a mostra do aceite. O dono do muíño morreu e agora o seu fillo ábreo hoxe para que a xente o poida coñecer.

Guillermo Nogueira, dono do Muíño: "Non quero que se perda a tradición".

A poucos metros, a mostra recolle a produción dalgúns dos veciños de Quiroga que apostaron por este aceite tan únicio e con cualidade organolépticas tan diferenciadas, debido ás variedades da materia prima autóctona: a oliva brava e a mansa.

Jesús Bao, produtor: "É un aceite diferente"

Agora xa é posible conseguir este tipo de oliveiras en viveiros pequenos, tamén os que van facendo os olivicultores da zona.

Pedro Soto, produtor: "Para reproducirse faise a través dos fillos".

Á feira acoden visitantes de moitas partes, e tamén pequenos produtores coma Antonio, que é da zona de Manzaneda, onde ten as súas propias oliveiras, porque a cultura do aceite vaise estendendo engordiño pero afianzadamente en Galicia.

Antonio Álvarez, visitante da feira e produtor de autoconsumo: "Estase estendendo a produción por Galicia".

Estímase que este ano en Quiroga se produciron uns 15.000 litros de aceite.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/05/2019