Éxito na edición máis limitada do Marisquiño, que foi seguida por Internet en 56 países
Publicado o 12/08/2021 21:23

A organización do Marisquiño valorou como moi satisfactoria a edición limitada da pasada fin de semana. Con respecto á súa influencia no sector hostaleiro, a caída de facturación fronte á rexistrada en 2019 apenas foi só dun 30 por cento, e iso tendo en conta que nas bancadas so puideron xuntarse 5.000 espectadores fronte aos máis de 150.000 dunha edición normal.
Isto, ademais, puido compensarse cun impulso na rede. O directo por Internet foi seguido en 56 países e en redes sociais houbo 100.000 interaccións con contido relacionado co festival, multiplicando o seu impacto en todo o mundo.