CRTVG

Buscar

Éxito dos atletas galegos no Campionato de España disputado en Ourense

Publicado o 02/03/2020 14:30

Dous ouros, tres pratas e un bronce. Así se resumen os éxitos dos nosos atletas no nacional baixo teito de Ourense, o primeiro disputado en Galicia. Ouros para Ana Peleteiro en triplo salto e para Jean Marie Okutu en lonxitude.

Pratas para Saleta Fernández con 1,79 en altura, Belén Toimil 16,16 en peso e Adrián Ben nos 800 metros cun tempo de 1.53.76. Unha proba disputadísima na que o viveirense acariñou o ouro.

O ouro non puido revalidalo Leticia Gil en lonxitude. Perro colgou o bronce cun salto de 6,19, a súa mellor marca da temporada.

O mesmo posto foi para Solange Pereira. A mediofondista, que volve adestrarse en Pontevedra con licenza canaria, foi bronce nos mil cincocentos metros.

Pero Ourense tamén pasará á historia por un feito inédito nos 55 anos dos campionatos, o de ver un mesmo atleta gañar os 60 metros lisos e os 60 valados. A xesta logrouna Orlando Ortega.

E récord de España para Pablo Torrijos en triplo salto. 17,18, mínima para os Xogos de Toquio e mellor marca europea do ano, terceira do mundo.


 

Noticias web

02/03/2020