CRTVG

Buscar

Éxito de visitas turísticas no mosteiro de San Pedro de Rocas, na Ribeira Sacra

Publicado o 07/08/2020 15:11

As capelas cavadas na rocha natural no século VI son a parte máis importante do mosteiro de San Pedro de Rocas.

O campanario, do século XVI, sobre un penedo, o máis emblemático.

A maioría está a descubrir este verán este e os outros cenobios da Ribeira Sacra.

No que levamos de agosto, 1.200 persoas visitaron San Pedro de Rocas, onde se atopa ademais o centro de interpretación da Ribeira Sacra.

Un verán normal este aparcadoiro estaría cheo de autobuses, agora veñen máis ben familias.

Quizais o coronavirus nos leve a descubrir sitios que tiñamos máis preto e que sempre deixabamos para outro momento, ou a ver con outros ollos o que xa coñeciamos.

Noticias web

07/08/2020