CRTVG

Buscar

Éxito de público no XII Certame de Cancións dos Nosos Barrios de Vigo

Publicado o 01/08/2019 18:59

O tempo de verán é o tempo dos festivais e no campo da festa máis famoso de Vigo, o da Finca de San Roque, celébrase un moi especial. 250 cantantes amadores participan ata mañá na décimosegunda edición do Certame Cancións dos Nosos Barrios. 

As cancións de toda a vida enchen estes días o palco da Finca de San Roque, un campo da festa que garda moitas lembranzas queridas para os vigueses.

Tonadas mariñeiras, habaneiras, músicas populares que congregan numeroso público, atraído tamén pola singularidade de que os intérpretes son os seus mesmos veciños, esas persoas que sempre adoitan animar as reunións nos centros cívicos, nas asociacións culturais e tamén nas tabernas, agora convertidos en artistas sobre o escenario. En total, 250 cantantes participan neste certame de cancións de barrio. 

Un milleiro de espectadores ocupan cada día do festival estas cadeiras para gozaren da banda sonora das súas vidas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/08/2019