CRTVG

Buscar

Éxito das rutas ornitolóxicas guiadas polas Rías Baixas

Publicado o 10/02/2019 21:00

A invernía é un dos mellores momentos para observar as aves, e as excursións que se organizan están a tope. Estivemos nunha na enseada de San Simón que seguiu o rastro das aves aproveitando as mareas.

Cormoráns, garzas, limícolas ou gaivotas son algunhas das aves que puidemos ver. As aves do norte de Europa foxen das temperaturas xélidas e veñen pasar a invernía a Galicia, a enseada de San Simón entre os concellos de Redondela, Soutomaior, Vilaboa e Pontevedra é un enclave perfecto para velas seguindo o movemento das mareas.

A da enseada de San Simón é unha das cinco rutas ornitóloxicas organizadas nas Rías Baixas e que tanto éxito están a ter. En dúas horas esgotaron as prazas. Cando remate o inverno moitas destas aves volverán aos seus países de orixe coa chegada da calor.

 

 


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2019