CRTVG

Buscar

Éxito das rutas sendeiristas do Folón Picón

Publicado o 03/04/2021 15:16

Todo está pensado neste lugar para aproveitar cada pinga de auga e a súa forza nesta grande obra de enxeño humano do seu tempo. Este primeiro muíño conta cun depósito e un desnivel para que a auga caia con forza. Outros aproveitan as fervenzas e a velocidade da auga que circula entre uns e outros.

No camiño atopamos sorpresas como estas plantas carnívoras e aprendemos como os nosos devanceiros colocaban no muíño dispositivos para que moesen sós ou parasen se non había gran.

A espectacular paisaxe, chea de regos e vexetación, capta tamén a atención destes visitantes que van en grupos de oito.

A ruta, que é circular ,sae da zona do Folón e pasa pola aba do Picón, que conforma esta icónica imaxe dos muíños en ringleira.


 

Noticias web

03/04/2021