CRTVG

Buscar

Éxito da gran recollida virtual do Banco de Alimentos de Vigo

Publicado o 29/11/2020 14:16

A engrenaxe do Banco de Alimentos de Vigo funciona como unha empresa de loxística: a xestión de pedidos, a zona de refrixeración e conxelación, as encargas para as distintas asociacións e ONG. Todo grazas ao medio cento de voluntarios que traballa cada día aquí, nun ano moi estraño en que os dous mil colaboradores da campaña non puideron estar na liña de caixas dos supermercados.

A resposta foi un éxito: máis de 400.000 quilos que aínda non chegaron a estes andeis e a estes palés baleiros.

Ata 2020 o Banco de Alimentos de Vigo-Pontevedra fornecía 20.000 persoas; desde a pandemia, son 30.000. Con esta recollida hai marxe ata primavera pero aínda se pode colaborar.
No Banco de Alimentos temen que o cesamento dos ERTE obrigue a moitas máis persoas a solicitar o seu apoio.

Noticias web

29/11/2020

Máis sobre Vigo