Éxito da ferramenta web 'A escola infantil na casa'
Publicado o 20/05/2020 18:17

As 27 escolas infantís, dependentes da Administración autonómica, coas que conta a provincia de Ourense ofertaron dende o comezo do confinamento material educativo e lúdico para axudar as familias no entretemento e a educación dos pequenos de entre 0 e 3 anos. Fixéronno a través do blog 'A escola infantil na casa', que tivo máis de 78.000 visualizacións durante estes dous meses. A delegada territorial da Xunta en Ourense mantivo unha xuntanza por videoconferencia con responsables destes centros para agradecerlles o seu traballo. Esta ferramenta conta con case 500 vídeos con recomendacións, pautas e xogos.