Éxito da feira vegana de Vigo para concenciar sobre o abuso da carne e a produción extensiva
Comer e vivir sen danar os animais e o ambiente é a filosofía das feiras veganas coma esta
As carnicerías veganas son o máis rechamante que atopamos nesta feira, elaboran sucedáneos de carne con proteína de soia ou de chícharo. O sector está a medrar de xeito exponencial, sobre todo en Cataluña, esta empresa que produce nuggets e hamburguesas, ademais doutros produtos, factura 8 millóns ao ano e dá traballo a oitenta persoas.
Tamén puidemos probar xeados ou queixo feitos con anacardo, améndoa ou coco. E agora cómpre aprender a cociñar. Esta xefa de cociña de Gondomar que traballa a domicilio suxírenos unhas lentellas feitas con viño e as mesmas especias do chourizo pero tamén estoutras delicatessen.
Tamén temos alternativas no ámbito da hixiene, a cosmética e a roupa. A feira está acompañada de charlas e exhibicións de cociña e outros eventos parellos.